Galicia é mar e terra y o máis selecto de ambos aparece reflectido na extensa carta, de máis de cento cincuenta elaboracións distintas.
Cada madrugada os nosos especialistas seleccionan en lonxa os mellores pescados e mariscos que á primeira hora da mañá lucimos nos nosos escaparates e gardamos en modernas cámaras, para presentar en estado óptimo de frescura. Os mellores sargos, meros, robalizas, escachos, bacallaus, douradas e pescadas compiten en calidade cos produtos de cada temporada. Percebes únicos, cigalas incribles, vieiras, ostras, navallas, ameixas, berberechos, zamburiñas, santiaguiños, centolas e lumbrigantes completan a nosa oferta do mar.
Moitos dos nosos clientes veñen atraídos polas nosas carnes. Son o resultado dun diálogo directo co provedor, que selecciona as mellores vacas e bois galegos no matadoiro de Bandeira (Silleda), despezando o pedido e subministrando ao restaurante produto dun impecable seguimento en maduración e coidado.
Non esquecemos o río, gran subministrador de lampreas e angulas, nin dos montes que nos permiten ter unha temporada de caza cos mellores cabritos, xabarís e corzos.