Sobre El Pasaje

El Pasaje, un emblemático restaurante de Santiago de Compostela, atópase á entrada da rúa do Franco, nun edificio de comezos do século XX.

Os peregrinos franceses chegaban a Compostela e atravesaban a Porta Faxeira coa mirada posta na Catedral, ao final do Camiño. Tabernas e tascas agardaban por eles a cada lado da rúa que co tempo adquiriu o nome dos seus principais visitantes. A rúa do Franco recolle esa herdanza e ten no noso restaurante un baluarte da hospitalidade e o bo servizo.

El Pasaje ofrece ao cliente a posibilidade de gozar dos mellores produtos en amplos e reservados comedores, onde o tempo vai ao ritmo do comensal. Un equipo profesional en sala e cociña crean para o visitante unha experiencia única, tanto para unha xuntanza de traballo como para unha celebración especial.

 


Ver mapa más grande

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies